Glosario
Os termos que aparecen ao compartir un documento de identidade, explicados nunha liña. Son os mesmos que usa a guía «Que tapo?» da app.
- MRZ
- Zona de lectura mecánica: as liñas de caracteres da parte traseira do DNI (ou inferior do pasaporte). Repiten o número, o nome, a data de nacemento e a caducidade — tapar un campo impreso e deixar a MRZ visible é non tapar nada.
- CAN
- Número de 6 díxitos do anverso do DNI que dá acceso por NFC ao chip. Case ningún trámite o necesita: tápao por defecto.
- Nº de soporte (IDESP)
- Identificador físico da tarxeta do DNI. Aloxamentos e alugueiro de vehículos deben rexistralo (RD 933/2021); fóra deses casos, tápao.
- CIP
- Código de Identificación Persoal da tarxeta sanitaria: único e de por vida (RD 183/2004). É o dato que te identifica en sanidade — con el e o teu nome abonda.
- AEPD
- Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es), a autoridade que vixía o uso dos teus datos. En xuño de 2025 lembrou que os aloxamentos non poden esixir copia do DNI.
- KYC
- «Know your customer»: a verificación de identidade que a Lei 10/2010 esixe a bancos e fintech. É o único trámite onde non debes tapar — marca a copia con mosaico e branco e negro no seu lugar.