Free e Pro
A protección é gratis: ofuscar, mosaico de seguridade, branco e negro, sinatura invisible e verificación de copias. Pro quita os límites por un pagamento único de 4,99 €. Sen subscricións.
Nin Free nin Pro levan anuncios. Ofuska non ten analítica, nin contas, nin recolle dato ningún: en Google Play loce a etiqueta «Non se recollen datos». Pro non che compra a privacidade — a privacidade xa vén de serie.
A diferenza, nunha imaxe
As dúas copias están igual de protexidas: mesmas zonas tapadas, mesmo mosaico e a mesma sinatura invisible. A única diferenza é a banda de Ofuska ao pé.
A banda non tapa o documento: engádese debaixo da imaxe.
| Función | Free | Pro |
|---|---|---|
| Ofuscar, mosaico, B/N, sinatura invisible e verificar copia | Si | Si |
| Documentos gardados | 3 | Ilimitados |
| Fotos por documento | 2 (cara e reverso) | Ilimitadas |
| Patróns automáticos (zonas que se recargan soas) | — | Si |
| Máscaras reutilizables gardadas | 1 | Ilimitadas + exportar/importar |
| Fotos enviadas conservadas no historial (e reenvío ao mesmo destinatario) | Últimos 3 envíos | Todos |
| Banda «Protexido con Ofuska · ofuska.app» nas copias | Sempre | Sen banda |
Pro: pagamento único de 4,99 € vía Google Play. Sen subscricións, para sempre.
Empeza gratis. Se gardas máis de tres documentos ou envías copias a miúdo, Pro págase só en tempo aforrado cos patróns automáticos.
Avísame cando estea dispoñible
Ofuska chega pronto a Google Play. Déixanos o teu email e avisámoste o día do lanzamento. Nada máis.
Só para avisarte do lanzamento. Sen spam, baixa cun clic.